¡ Que bonito é Panamá! : a historia de como tigre pequeno e oso pequeno foron a Panamá / Janosch
por Janosch [autor/a]
; Romay, Dolores [tradutor/a]
.
Tipo: 






Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | CEIP Plurilingüe Ricardo Tobío Sala préstamo | I2 JANOSCH ¡que bonito e p | 1 | Dispoñible | CEC093000002028 |
|
||
Prestable | CEIP Plurilingüe Ricardo Tobío Sala préstamo | 82-N-G JAN que | 1 | Dispoñible | 1º ciclo | CEC093000000494 |
|
*Érase unha vez un pequeno oso e un pequeno tigre que vivían alá abaixo, á beira do río. Así comeza o primeiro título desta entrañable serie protagonizada por uns animais humanizados, Oso e Tigre, que buscan o lugar ideal para vivir. Atoparano?
A vida de pequeno oso e pequeno tigre experimenta un envorco cando, flotando no río, aparece unha caixa que vén de Panamá e que cheira a plátano. Desde entón, Panamá convértese no país dos seus soños e por iso deciden iniciar unha longa viaxe para chegar ata alí. Cunha pota vermella, unha cana de pescar e un patito-tigre de xoguete, emprenden un camiño no que coñecerán a un rato de campo, un vello raposo, unha vaca, unha choia, unha lebre e un ourizo. Tras un primeiro período no que a obra de Janosch ten un transfondo político asociado ao contexto histórico da época, «Que bonito é Panamá!» marca o inicio dunha segunda etapa na que, historias como esta, protagonizadas por animais humanizados, enxalzan o valor da amizade. Panamá é o particular locus amoenus de tigre e oso; a súa viaxe idílico en busca dese lugar está relacionado coa madurez persoal, a aventura cotiá e o descubrimento de novas emocións.
Cunhas ilustracións alegres e coloristas, clásicas e planas, de estilo infantil, este entrañable relato de Janosch destila humor e deixa un pouso sentimental de optimismo e inocencia, cun inesperado final que colma as expectativas dos personaxes.
1º-2º Primaria